Wednesday 22 de May de 2024

Ordes convertirase en territorio Zumba a vindeira fin de semana coas sesións da instrutora internacional Diana Serena


Ten programadas clases para instrutores, ademais dunha Master Class dirixida a todo o público cuxos beneficios irán para Cáritas e á AECC

O Concello de Ordes convertirase a vindeira fin de semana, 27 e 28 de febreiro, en parada obrigatoria para os profesionais e afeccionados ao Zumba. Unha das modalidades deportivas que maior número de seguidores arrastra nos últimos anos, e que mestura coreografía e deporte con ritmos do máis pegadizos. A convocatoria para ambos días contará cunha das profesionais e monitoras de formación de maior recoñecemento e prestixio nos circuítos internacionais a día de hoxe, Diana Serena.
O cita principal terá lugar o domingo 28 cunha Master Class que se celebrará no pavillón Castelao I. Unha cita que ademais terá un fin benéfico xa que todas e todos os participantes deberán entregar un quilo de alimentos non perecedeiros destinados a Cáritas. Ademais dos 2 € que custa a entrada boa parte deles irán a parar á delegación ordense da Asociación Española Contra el Cáncer. Nesta sesión Diana Serena estará acompañada de recoñecidos profesionais con titulación oficial Zumba como Lucía Gómez, Blanguer Yanyimira, Figuera, Alberto García, Margaret Vilas, Lidia Redondo ou Mónica Corral. Con todos eles estará tamén Noelia Moledo, coorganizadora do evento xunto co Concello de Ordes. Ademais da sesión propiamente dita, que se estenderá máis aló das dúas horas, tamén está prevista unha exhibición Zumba Kids, na que se porá de manifesto o beneficio e o ben que o pasan os menores nesta actividade, a cal forma parte do programa deportivo deseñado polo Concello de Ordes.
As entradas poderán adquirirse ese mesmo día no pavillón, ou ben xa previamente no bar Saloon, Escola ConTalento, piscina Iván Raña, Cáritas Diocesana Ordes, da man da monitora Noelia Moledo ou a través da concelleira Ana Soneira.

Participación do comercio local
Para levar a cabo este programa cóntase co patrocinio e colaboración de firmas comerciais como: Escola ConTalento, FitLine, A Bolera Burguer, M&F Deporte, farmacias de Ordes, asesoría fiscal Núñez Sánchez, Comercial Viqueira, Robell centro de belleza, Krav Maga Kapap, Vinilo, Sparky’s, Buda Gold, LP 45, Maral café bar, O Mercado, Abbaco Café, Cervexería o 27, Tasmania, Alfonso joyeros, Aurelio joyería, Rubí relojería, Yolanda Cándido consultora de belleza e Puntadas.
Previamente, o sábado 27, a xornada estará especialmente dirixida a instrutores de Zumba. As instalacións deportivas do complexo deportivo de Iván Raña acollerá os cursos de formación para Zin Members exclusivos da escola Zumba Fitness. Así de 8.30 a 17.30 horas terá lugar a sesión formativa para a modalidade Aqua Zumba e de 17.30 a 21 horas a de Aqua Boot. Media hora antes de ambas sesións manterase aberta a inscrición para todos os asistentes.